Década de 490Ff o Gp Rn:ifiDel L r
Primeiro milenio | |||||
Século V | |||||
| |||||
|
A década de 490 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 490 e remata o 31 de decembro de 499.
Índice
- 1 490
- 1.1 Asia Central
- 1.2 Europa
- 2 491
- 3 492
- 4 493
- 5 494
- 5.1 Arte e cultura
- 6 495
- 6.1 Arte e cultura
- 7 496
- 8 497
- 8.1 Arte e cultura
- 9 498
- 10 499
- 10.1 Asia
- 10.2 Europa
490
- Artigo principal: 490.
Asia Central
- Toramana tórnase xefe dos hunos brancos (ou heftalitas), que están nesta altura no seu apoxeo.
Europa
- 11 de agosto - Teodorico I, soberano ostrogodo, vence no río Adda, aos hérulos de Odoacro, ao que logo sitia en Rávena.
491
- Artigo principal: 491.
- 11 de abril: Anastasio I convértese no novo emperador de Bizancio (até 518).
- Teodorico I, monarca ostrogodo, inicia o asedio sobre Rávena, onde está refuxiado Odoacro, soberano dos hérulos. O sitio durará dous anos.
492
- Artigo principal: 492.
- 1 de marzo - Comeza o pontificado do papa Xelasio (até 496), electo como sucesor de Fiz II.
493
- Artigo principal: 493.
494
- Artigo principal: 494.
- 2 de febreiro - Por orde do papa Xelasio I a Candelaria substitúe ás Lupercais, como festa.
- Carta do papa Xelasio I ao emperador de Oriente, Anastasio I, na que afirma a universalidade e a preponderancia da autoridade pontificia sobre o poder imperial.
- Clodoveo I, rei dos francos, vence aos visigodos en Saintonge.
Arte e cultura
- Esculturas budistas das grutas de Longmen, preto de Luoyang.
495
- Artigo principal: 495.
Arte e cultura
- Fundación do mosteiro de Shaolin na provincia de Henan, China.
496
- Artigo principal: 496.
- Trasamundo sucede a seu irmán Guntamundo como rei dos vándalos (até 523).
- Anastasio II, sucede no trono pontificio a Xelasio.
497
- Artigo principal: 497.
Arte e cultura
- India: remátase a redacción de Siddantha, libro sagrado do xainismo.
498
- Artigo principal: 498.
- Buretsu tórnase 25º emperador do Xapón (até 507).
- 22 de novembro - Símaco é elixido novo papa (até 514).
- Lourenzo é elixido antipapa na basílica de Santa María a Maior de Roma (até 506).
499
- Artigo principal: 499.
Asia
- China - Xuan Wu Di sobe ao trono do Wei Septentrionais (até 515).
- Xeorxia, no Cáucaso, pasa ao dominio dos persas sasánidas.
Europa
- Concértase unha alianza entre Clodoveo I, rei dos francos, e Godexisil, co-rei de Burgundia.